O acceso e utilización do sitio web www.undoustres.com supón a aceptación na súa totalidade e a obriga de cumprir por completo os termos e condicións recollidos na presente política de privacidade. A prestación do servizo do sitio web ten unha duración limitada ao tempo en que o/a usuario/a manteña a conexión co sitio web o a algún dos servizos que a través deste se facilitan. Polo tanto debe lerse atentamente a presente política de privacidade en cada unha das ocasións en que se dispoña a utilizar o sitio web, xa que esta pode sufrir modificacións.
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento, Undoustres informa ao usuario/a de que os datos obtidos a través do sitio web se incorporarán a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do que é responsable a institución.
Undoustres utilizará os datos persoais do/a usuario/a para os fins que se indican nos diversos formularios incluídos nesta páxina, de xeito que se poidan atender as relacións que poidan xurdir entre a institución e os/as usuarios/as como consecuencia das solicitudes ou xestións expresadas nos ditos formularios.
Así mesmo, ao facer clic no botón “Enviar” incorporado nos formularios, o/a usuario/a declara que a información e os datos que facilitou neles son exactos e veraces.