Aviso Legal

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL www.undoustres.com (en adiante sitio web) é operada por LAURA REY CONDE (en diante Undoustres), con C.I.F. 44848352P, con domicilio social na Praza Campo da Feira, 17- C.P. 36680 – A Estrada (Pontevedra).

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións.

Condicións de uso

O acceso ao sitio web é gratuíto.

O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos da Undoustres ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web, a escola infantil Undoustres resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual sobre a disposición dos contidos do sitio web, o seu deseño gráfico, os programas de ordenador subxacentes, así como os distintos elementos que integran o sitio web: textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras etc., é dicir, os contidos, corresponden á escola infantil Undoustres.

O uso do sitio web non supón a cesión de dereito ningún de propiedade intelectual ou industrial sobre o sitio web, os contidos ou os signos distintivos de Undoustres. Para tal efecto, mediante o presente aviso legal (e salvo naqueles supostos nos que estea legalmente permitido ou medie autorización previa de Undoustres), queda expresamente prohibida a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción ou reutilización do sitio web, os seus contidos ou os signos distintivos de Undoustres.

Sitios enlazados

Co fin de facilitar información adicional, pódense incluír diversas ligazóns que permitan acceder a outras páxinas web (sitios enlazados). Nestes casos, Undoustres actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada lexislación, Undoustres non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos sitios enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da ilegalidade e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.

En ningún caso a existencia dos sitios enlazados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade da escola infantil Undoustres coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos ditos sitios. En consecuencia, Undoustres non se fai responsable do contido dos sitios enlazados, nin das súas condicións de uso e as políticas de privacidade, sendo a persoa usuaria a única responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e os use.

No suposto de que o/a usuario/a considere que existen nos sitios enlazados contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou inadecuados, poderá poñelo en coñecemento de Undoustres a través do seguinte enderezo de correo electrónico: info@undoustres.com.

Responsabilidade

Undoustres non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. A RAG non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.

Protección de datos

De conformidade co establecido na normativa vixente en Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento titularidade de Undoustres, coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese. En cumprimento da normativa vixente, Undoustres informa de que os datos serán conservados durante o prazo estritamente necesario para cumprir os preceptos mencionados con anterioridade.

Mentres non se comunique o contrario, entenderase que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificar calquera variación e que presta o seu consentimento para utilizalos para as finalidades mencionadas.

De acordo cos dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal así como ao consentimento prestado para o tratamento destes, dirixindo a súa petición ao enderezo postal indicado máis arriba ou ao correo electrónico info@undoustres.com.

Co envío do formulario de contacto, uso do teléfono, whatsapp ou redes sociais entendemos que vostede acepta a recollida de datos e polo tanto, está conforme coa política de privacidade da Undoustres.

Seguridade

Undoustres levou a cabo as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garanten a seguridade dos datos da persoa usuaria e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, todo iso en cumprimento do disposto no título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.

Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Ponse no seu coñecemento que poderá exercitar, en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos mediante a remisión dunha comunicación escrita ao enderezo da escola inafantil Undoustres. Dita comunicación deberá ir dirixida á atención da Secretaría da Escola Infantil Undoustres ou ao enderezo electrónico (info@undoustres.com).